Zacarías 4:1-14
4 O anxo que falaba comigo volveu e espertoume, como quen esperta do sono.
2 E díxome: “¿Que ves ti?” Contesteille: “Tiven unha visión, e velaí un candelabro todo el de ouro coa aceiteira na súa cima e sete lámpadas nel, e sete bicos nas lámpadas que tiña na súa cima.
3 Ó lado había dúas oliveiras, unha á dereita da aceiteira e outra á súa esquerda”.
4 Logo collín a palabra e díxenlle ó anxo que falaba comigo: “Meu Señor, ¿que son estas cousas?
5 E o anxo que falaba comigo respondeume: “¿Non sabes que son estas cousas? Eu díxenlle: “Non, meu Señor”.
6 El repúxome: “Esta é a palabra do Señor acerca de Zerubabel, nestes termos:
Non é polo poder, nin pola forza, senón polo meu Espírito —di o Señor dos Exércitos—.
7 ¿Quen es ti, grande montaña? —Diante de Zerubabel resultas ser unha chaira.
Si, el é quen coloca a pedra da clave do arco.
Hai clamores: ¡Que bonita! ¡Que bonita é!”
8 Veume a palabra do Señor nestes termos:
9 “As mans de Zerubabel puxeron os alicerces deste temploe as súas mans rematárono.
Así recoñeceredes que o Señor dos Exércitosme encargou de vir a vós.
10 ¿A quen desprezou o día dos pequenos comezos?
Que se alegren ó ve-la pedra da chumbada na man de Zerubabel.
10bEstes sete bicos son os ollos do Señor que percorren toda a terra”.
11 Eu collín a palabra e pregunteille: “¿Que significan esas dúas oliveiras á dereita do candelabro e á súa esquerda?”
12 Volvín colle-la palabra de segundas e díxenlle: “¿Que significan as dúas ponlas da oliveira, cos dous tubos de ouro que levan o aceite da primeira prensadura?”
13 El díxome así: “¿Non sábe-lo que significa?” Contesteille: “Non, meu Señor”.
14 El dixo: “Estes son os dous que están marcados co aceite, e mantéñense de pé ó lado do Señor de toda a terra”.