A Apocalipse 7:1-17

7  Despois disto vin catro anxos que apreixaban, nas catro esquinas da terra, os catro ventos, para que non bourasen contra a terra, nin contra o mar nin contra as árbores.  E vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de dana-la terra e o mar:  “¡Non lles fagades mal á terra nin ó mar nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!”.  E oín o número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro mil, marcados de entre tódalas tribos dos fillos de Israel.   Da tribo de Xudá, doce mil marcados,da tribo de Rubén, doce mil marcados,da tribo de Gad, doce mil marcados,   da tribo de Axer, doce mil marcados,da tribo de Naftalí, doce mil marcados,da tribo de Menaxés, doce mil marcados,   da tribo de Simeón, doce mil marcados,da tribo de Leví, doce mil marcados,da tribo de Isacar, doce mil marcados,   da tribo de Zebulón, doce mil marcados,da tribo de Xosé, doce mil marcados,da tribo de Benxamín, doce mil marcados.  Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans. 10  Proclamaban con grande voz:“A salvación perténcelle ó noso Deus,que senta no trono, e mais ó Año”. 11  Tódolos anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, postráronse diante do trono para adoraren a Deus. 12  Proclamaban: “¡Amén! A bendición, a gloria, a sabedoría, a acción de gracias, a honra, o poder e maila forza perténcenlle ó noso Deus, polos séculos dos séculos. Amén”. 13  Un dos anciáns preguntoume: “¿Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos de roupa branca?” 14  Eu respondinlle: “Meu Señor, ti xa o sabes”. E díxome: “Estes son os que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branquexáronos co sangue do Año. 15  Por iso están diante do trono de Deus,e adórano día e noite no seu santuario.E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles. 16  Non terán máis fame nin sede,nin caerá endexamais sobre eles o sol,nin ningunha queimadura del. 17  Porque o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor,levaraos ás fontes de augae Deus enxugará dos seus ollos toda bágoa”.

Notas ó pé