Axeo 2:1-23

2  no sétimo mes, o vinteún do mes, veu a palabra do Señor por medio do profeta Axeo nestes termos:  Dille a Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e ó sumo sacerdote Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e ó resto do pobo:   “¿Quen queda entre vós,dos que viron este templo co seu esplendor primeiro? ¿Que estades vendo agora daquel esplendor? ¿Non é algo así coma se non existise ós vosos ollos?   Pero agora ¡ánimo!, Zerubabel —é o Señor quen fala—. ¡Ánimo!, pobo todo do país —é o Señor quen fala—. ¡Ó traballo! Eu estou convosco —é o Señor dos Exércitos quen fala—.   Chegou a promesa que pactei convosco cando saïades de Exipto,o meu espírito mantense firme no medio de vós: non teñades medo.   Pois así fala o Señor dos Exércitos: aínda un pouco máis,entón eu conmoverei o ceo e a terra, o mar e o chan firme,   conmoverei a tódolos pobos e virán aquí tódalas súas riquezas,encherei este templo de esplendor —fala o Señor dos Exércitos—.   Miña é a prata e meu é o ouro —é o Señor dos Exércitos quen fala—.   O esplendor deste segundo templo será maior có do primeiro —fala o Señor dos Exércitos—,e neste santuario eu concederei a fartura” —é o Señor dos Exércitos quen fala—. 10  O día vintecatro do mes noveno, do segundo ano de Darío, veulle a palabra do Señor ó profeta Axeo nestes termos: 11  Así fala o Señor dos Exércitos: “Pídelles ós sacerdotes un dictame sobre esta cuestión: 12  Se alguén leva carne consagrada na aba do seu manto e toca coa aba o pan, o guisado, o viño, o aceite ou calquera comida, ¿consagra estas cousas?” Responderon os sacerdotes. “¡Non!” 13  Logo Axeo díxolles: “Se unha persoa, impura por tocar un cadáver, toca calquera destas cousas, ¿vólveas impuras?” Respondéronlle os sacerdotes: “Vólveas impuras”. 14  Entón replicoulles Axeo: “Así é este pobo, así é esta nación na miña presencia —oráculo do Señor—, así é toda obra das súas mans e o que presentan aquí: está impuro”. 15  Pois agora, aplicade o voso sentido desde o día de hoxe e para atrás: antes de pordes pedra sobre pedra no santuario do Señor, 16  ¿que erades? Cando iades á arca do gran por vinte medidas, soamente había dez. Cando iades á pipa para quitar cincuenta olas, soamente había vinte. 17  Tíñavos castigado coa praga do cornizó e coas meras;co pedrazo tiña castigado tódalas obras das vosas mans,e non estaba convosco o meu poder —é o Señor quen fala—. 18  Aplicade o voso sentido desde o día aquel para atrás,desde o día vintecatro do noveno mes,si, desde o día en que se puxeron os cimentos do santuario do Señor,aplicade o voso sentido. 19  ¿Poderá quedar aínda a semente na arca? ¿A viña, a figueira, o granado e a oliveira non deron foito? Desde o día aquel quérovos bendicir. 20  A palabra do Señor veulle por segunda vez a Axeo, o día vintecatro do mes, nestes termos: 21  Fálalle así a Zerubabel, gobernador de Xudá: “Eu vou conmove-lo ceo e maila terra, 22  vou botar abaixo os tronos dos reinose acabar co poder dos reinos nos pobos,vou derruba-los carros que os conducen,e baixarán os cabalos e os seus cabaleiros,(cada un caerá coa espada do seu irmán). 23  No día aquel —é o Señor, Deus dos Exércitos quen fala—collereite a ti, fillo de Xealtiel, o meu servo—oráculo do Señor—,e farei de ti coma un anel de selo,porque é a ti a quen escollín”—é o Señor dos Exércitos quen fala—.

Notas ó pé