O Cantar dos Cantares 4:1-16
4 —¡Si que es belida, miña amada,si que es belida!
Os teus ollos son pombiñaspor entre o teu veo.
Os teus cabelos, un fato de cabuxasque baixan serpeando do monte Galaad;
2 os teus dentes, grea de ovellas tosquiadassubindo de se lavar,todas elas preñadas de xémeose ningunha hai maniña.
3 Cal fita carmesí son os teus labios,é doce a túa fala;metades de granada as túas meixelaspor entre o teu veo.
4 Atalaia davídica é o teu pescozo,ben fornecida de almeas;mil escudos van dela pendurados,tódalas adargas dos guerreiros.
5 Os teus dous peitos son coma dúas críasxémeas de gacela,a pastar nos lirios.
6 Ata que sopre o díae fuxan as sombrashei subir ó monte da mirra,ata o cume do incenso.
7 ¡Toda ti es belida, miña amada,non hai en ti lixo ningún.
8 ¡Ven do Líbano, noiva!
¡Ven do Líbano, baixa!
¡Deixa o cumio do Amanah,o cimo do Senir e mailo Hermón,as covas dos leóns,o monte das panteras!
9 ¡Botáchesme o meigallo, cariño, miña noiva!
¡Botáchesme o meigallo,cunha das túas olladas,cunha das xoias que levas na gorxa!
10 ¡Que belos os teus amores, cariño, miña noiva!
¡Canto mellores có viño son os teus amores,e a túa fragancia ca tódolos aromas!
11 ¡Un favo a destilar son os teus labios, noiva!
¡Mel e mais leite hai baixo a túa lingua!
¡O recendo da túa túnica é recendo do Líbano!
12 Es ti un horto pechado, cariño, miña noiva.
Es ti un horto pechado, unha fonte selada.
13 A túa ramaxe é un paraíso de granados,cheo de froitos exquisitos.
14 Azafrán, canela e cinamomo,toda madeira de gorentoso fume.
O nardo, a mirra, o áloe,coas mellores matas de bálsamo.
15 ¡Fonte do meu xardín,manancial de augas vivas que flúen desde o Líbano!
16 —¡Ergue, vento nordesío!
¡Ven ti, vento galopante!
¡Venteade o meu xardín:
que espalle os seus aromas!
¡Que veña o meu amigo ó seu xardín,que coma daquel froito que cobiza!