Libro de Esdras 10:1-44

10  Mentres Esdras, chorando e postrado diante do templo de Deus, rezaba e facía esta confesión, unha multitude moi grande de israelitas —homes, mulleres e nenos— foise xuntando a el, chorando sen parar.  Entón Xecanías fillo de Iehiel, un dos fillos de Elam, tomou a palabra e díxolle a Esdras: —“Fomos infieis ó noso Deus, tomando mulleres estranxeiras dos pobos pagáns. Mais isto aínda pode ter remedio para Israel:  fagamos agora unha alianza co noso Deus, comprometéndonos a despedi-las mulleres estranxeiras xunto cos fillos que delas tivemos, de acordo co que o señor di e segundo o consello de tódolos que temen o mandato do noso Deus. Que se faga segundo a Lei.  Ponte en pé, que isto é cousa túa; nós estamos ó teu lado. Ánimo e mans á obra”.  Entón Esdras levantouse e fixo xurar ós xefes dos sacerdotes, dos levitas e de todo Israel, que se faría como dixese. E xurárono.  Entón Esdras levantouse de onde estaba, cara á casa de Deus, e dirixiuse ó apousento de Iehohanán fillo de Eliaxib. Unha vez chegado, non comeu nin bebeu nada, en sinal de dó, apenado pola infidelidade dos deportados.  Fixo publicar unha proclama en Xudá e Xerusalén, a fin de que tódolos deportados se xuntasen en Xerusalén.  Ó que non acudise no prazo de tres días, tempo establecido polas autoridades e senadores, seríanlle confiscados os bens e el excluído da comunidade dos repatriados.  Entón tódolos homes de Xudá e de Benxamín xuntáronse en Xerusalén o terceiro día; era o vinte do noveno mes. Todo o pobo ficaba na praza do templo, tremendo por culpa dese asunto e pola moita chuvia. 10  O sacerdote Esdras levantouse e díxolles: —“Fixestes moi mal casando con mulleres estranxeiras, acrecendo por ese camiño a culpabilidade de Israel. 11  Agora, pois, confesádevos ó Señor, o Deus dos vosos pais, e facede a súa vontade: afastádevos dos pobos pagáns e das mulleres estranxeiras”. 12  Toda a asemblea respondeu con forte voz: —“É verdade. Débese facer coma ti dis. 13  Pero o pobo é numeroso e estamos na estación das chuvias. Non se pode seguir fóra. Ademais, non é cousa dun día nin de dous, pois somos moitos os que quebrantamos ese mandamento. 14  Que os nosos xefes volvan aquí no nome de toda a asemblea e que todos cantos nas nosas vilas tomaron mulleres estranxeiras veñan no tempo fixado cos anciáns de cada vila xunto cos seus xuíces, ata que a cólera do noso Deus, acesa por este motivo, se aparte de nós”. 15  Sen embargo, Ionatán fillo de Asahel e Iahzías fillo de Ticrah opuxéronse, apoiados por Mexulam e polo levita Xabtai. 16  Mais os deportados fixeron como se lles dixera. O sacerdote Esdras escolleu a algúns dos cabezas de familia, segundo as súas liñaxes, designándoos polos seus nomes. 17  E o un do primeiro mes remataron o asunto de tódolos homes que casaran con estranxeiras. 18  Entre os fillos dos sacerdotes que tomaran mulleres estranxeiras, atopáronse: Entre os fillos de Xosué fillo de Iosadac e seus irmáns: Maseías, Eliézer, Iarib e Guedalías; 19  comprometéronse a despedi-las súas mulleres e ofrecer un carneiro para repararen a ofensa; 20  entre os fillos de Imer: Henaní e Zabadías; 21  entre os fillos de Harim: Maseías, Elías, Xemaías, Iehiel e Ozías; 22  entre os fillos de Paxhur: Elioenai, Ismael, Netanel, Iozabad e Eleasah. 23  Entre os levitas: Iozabad, Ximí, Quelaías —o quelita—, Petahías, Yehudah e Eliézer. 24  Entre os cantores: Eliaxib. Entre os porteiros: Xalum, Télem e Urí. 25  Referente ós israelitas: entre os fillos de Parox: Ramíah, Izías, Malaquías, Miiamín, Elazar, Malaquías e Benaías. 26  Entre os fillos de Elam: Matanías, Zacarías, Iehiel, Abdi, Ieremot e Elías; 27  entre os fillos de Zatú: Elioenai, Eliaxib, Matanías, Ieremot, Zabad e Azizá; 28  entre os fillos de Bebai: Iehohanán, Hananías, Zabai, Atlai; 29  entre os fillos de Baní: Mexulam, Maluc, Adaías, Iaxub, Xeal, Ieremot; 30  entre os fillos de Pahat-Moab: Adná, Kelal, Benaías, Maseías, Matanías, Besalel, Binuí, Menaxés; 31  entre os fillos de Harim: Eliézer, Ixías, Malaquías, Xemaías, Simeón, 32  Benxamín, Maluc, Memarías; 33  entre os fillos de Haxum: Matenai, Matatah, Zabad, Elifélet, Ieremai, Menaxés, Ximí; 34  entre os fillos de Baní: Madai, Amram, Uel, 35  Benaías, Bedía, Keluí, 36  Vanías, Meremot, Eliaxib, 37  Matanías, Matenai e Iasai; 38  Baní e Binui, Ximí, 39  Xelemías, Natán, Adaías, 40  Macnadbai, Xaxai, Xarai, 41  Azarel, Xelemías, Xemaría, 42  Xalum, Amarías, Xosé; 43  entre os fillos de Nebó: Iehiel, Matatías, Zabad, Zebiná, Iadai, Ioel, Benaías. 44  Todos eses tomaran mulleres estranxeiras; e mesmo entre eles había mulleres das que xa tiveran fillos.

Notas ó pé