Habacuc 3:1-19

3  Oración do profeta Habacuc na ocasión das lamentacións.   —Señor, oín o teu renome; venerei, Señor, as túas obras. No decurso dos anos fainas revivir,móstraas no decorrer dos tempos;na ira lémbrate da misericordia.   Deus vén de Temán; o Santo, do monte Parán. A súa maxestade cobre o ceo, e a terra está chea da súa louvanza.   O seu brillo é coma a luz, raios de luz saen da súa man. ¡Si, aquí está o segredo da súa forza!   Diante del vai a Peste, e a Febre segue as súas pisadas.   Levántase El e estremece a terra, olla El e tremen os pobos,féndense as antigas montañas, afúndense os outeiros eternos. Os seus camiños permanecen para sempre.   Pola maldade vin axitarse as tendas de Cuxán, tremer de medo o país de Madián.   ¿É a ira do Señor a que arde contra os ríos? Si, contra os ríos a túa cólera. Si, contra o mar o teu furor,cando a salvación monta nos teus carros e cabalos.   Sáca-lo teu arco, farto de frechas, ó falares. Ára-la terra cos ríos; 10  ó vérente, danzan os montes,pasa unha tromba de auga, e o Abismo lanza a súa voz,o sol levanta ó alto as súas mans, 11  a lúa detén a súa carroza;as túas frechas superan a luz; o escintilar da túa lanza, o resplandor. 12  Con ira fa-la túa marcha a través da terra, con furor esmága-las nacións. 13  Saes á campaña para salva-lo teu pobo, para salva-lo teu Unxido. Esmágaslle a cabeza á familia do impío, íspeslle os alicerces ata o penedo. 14  Atravesaches cos seus propios dardosa cabeza dos xefes, que se lanzaban a dispersarnos. Alegrábanse coma se fosen devorar a un pobre no seu refuxio. 15  Ti pisáche-lo mar cos teus cabalos,ti, que fas ferve-las augas abondosas. 16  Oíno, e estremecéronseme as entrañas; co fragor tremeron os meus labios,a carie penetra nos meus ósos, debaixo de min cambalean os meus pasos. Espero quedo o día da angustia, cando se erga contra o pobo que nos ataca. 17  Velaí a figueira: non florece; e non hai colleita nas viñas,falta a froita da oliveira, e o campo non produce alimento,desaparecen as reses do curral, e non hai gando nas cortes. 18  Pero eu exultarei co Señor, reloucarei co Deus da miña Salvación. 19  Iavé, o meu Señor, é a miña forza, dáme pés de gacela,e faime camiñar sobre as alturas. “Do mestre de coro. Para instrumentos de corda”.

Notas ó pé