Miqueas 5:1-15
5 (4:14) Agora faite incisións, filla de saqueadores; puxéronnos asedio;coa vara vanlle bater no rostro ó xuíz de Israel.
2 (5:1) E ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá,de ti vai saír un que será o soberano de Israel;a súa orixe é desde antigo, desde os días do comezo.
3 (5:2) El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz;o resto dos seus irmáns volverá,e serán devoltos os fillos de Israel.
4 (5:3) Manterase firme e pastoreará co poder do Señor,coa gloria do nome do Señor, o seu Deus,e cando se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:
5 (5:4) “o da Paz” será o seu nome.
Asiria, entrará, así, na nosa terra e penetrará no país,pero de entre nós faremos xurdir contra ela sete pastores e oito xefes,
6 (5:5) que pastorearán a terra de Asiria coa espadae o país de Nimrod coa lanza.
Si, eles liberarán a esa Asiria, que entrará na nosa terra,e penetrará nas nosas lindes.
7 (5:6) Estará o resto de Xacob no medio das nacións numerosas,coma a rosada que vén de parte do Señor,coma a chuvia forte sobre a herba.
Certo que El non confía no home nin espera nada dos humanos.
8 (5:7) Estará o resto de Xacob entre os pobos, e no medio de nacións numerosas,coma o león entre as feras salvaxes, coma o cachorro do león entre as reses dun rabaño;se entra, atrapa e esgaza, non hai quen salve.
9 (5:8) Ergue a túa man contra os teus adversarios,que desaparezan tódolos teus inimigos.
10 (5:9) Velaí o que sucederá no día aquel —é o Señor quen fala—:
farei desaparece-los teus cabalose vou destruí-los teus carros.
11 (5:10) Farei arrasa-las cidades do teu país,e derruba-las túas fortificacións;
12 (5:11) tamén farei desaparece-los teus bruxos,xa non terás máis adiviños.
13 (5:12) Si, esnaquizarei os teus ídolos,e as túas imaxes simbólicas,de xeito que non volvas postrarteante o feitío das túas mans.
14 (5:13) Si, aniquilarei do medio de ti os símbolos da túa Axerah,e desfarei as túas imaxes espidas.
15 (5:14) Con ira e furor cobrarei a vinganza contra os pobos que non obedezan.