Miqueas 7:1-20

7  ¡Ai de min! Pois veño ser coma os que fan a colleita do verán,coma as mulleres que rebuscan na vendima;non hai nin un acio para comer,nin figo temperán que satisfaga o meu gusto.   Desapareceu do país o home piadoso,non hai na superficie da terra home recto,todos eles axexan para verter sangue,cada un caza con rede a seu irmán.   As súas mans están adestradas para o mal: o príncipe asoballa,o xuíz extorsiona por diñeiro,e o grande fala a palabra do seu propio apetito,   por el a súa bondade dóbrase coma un espiño,a súa rectitude, máis ca unha silveira. O día das sentinelas, o día da túa inspección, xa chegou: Agora será a desolación:   Vós non confiedes no compañeiro,non vos fiedes do amigo;garda ben as portas da túa boca mesmo da que se deita no teu seo.   Porque o fillo deshonra ó pai,e a filla levántase contra súa nai,a nora contra a súa sogra;os inimigos serán os da propia casa.   Pero eu mirarei atentamente para o Señor,esperarei no Deus da miña salvación,e o meu Deus escoitarame.   Non te rías de min, inimiga miña. Se estou caído, levantareime. Se habito na tebra, o Señor servirame de luz.   Soporto a ira do Señor, xa que pequei contra El: ata que xulgue a miña causa e execute a miña sentencia. El sacarame á luz, para que vexa eu a súa salvación. 10  Veralo, inimiga miña, e cubriraste de vergonza,ti que me dis: “¿Onde está o Señor, o teu Deus?” Os meus ollos gozarán contemplándote: de seguida vas ser pisada coma a lama das rúas... 11  Chega o día de reconstruí-la túa muralla,ese día alongarase a túa fronteira. 12  O día aquel mesmo desde Asiria e Tiro virán onda ti,e desde Tiro ata o Éufrates, desde un mar ó outro mar,desde unha montaña á outra montaña. 13  E a súa capital volverase unha desolaciónpor culpa dos seus xefes polo froito das súas obras. 14  Pastorea ó teu pobo co teu caxato, o rabaño da túa herdanza,que vive solitario na foresta, no medio dunha fértil camposa. Que pazan en Baxán e Galaad, coma nos días doutros tempos. 15  Coma nos días da túa saída de Exipto, fainos ver marabillas. 16  Que os pobos o vexan e se avergoncen, a pesar de toda a súa forza,que poñan a man na boca, e que os seus oídos enxordezan. 17  Que lamban o po coma a cobra, coma os que se arrastran pola terra;que saian tremendo dos seus buratos onda o Señor, noso Deus,que estarrezan e che teñan medo a ti. 18  ¿Que Deus hai coma ti, que quita a iniquidade,e lle pasa por alto o pecado ó resto da súa herdanza,que non se obstina para sempre na ira,senón que lle ten amor á misericordia? 19  Cambiará de actitude, terá compaixón de nós,esmagará as nosas iniquidades. ¡Si, ti botarás no fondo do mar tódolos nosos pecados! 20  Dálle a Xacob probas de fidelidade, a Abraham probas de amor: así llelo xuraches ós nosos pais desde os tempos antigos.

Notas ó pé