Oseas 9:1-17

9  ¡Non te alegres, Israel! ¡Non brinques de xúbilo, meu pobo! Pois prostituícheste apartándote do teu Deus,e amáche-la paga da prostituta,sobre tódalas eiras de Dagán,   sobre a eira e o lagar de quen non é forte. O tronador e cambaleante Tirox está entronizado en Israel,   pero non reinará no país do Señor. Por isto Efraím terá que voltar a Exipto,e en Asiria terán que comer alimentos impuros.   Non ofrendaron ó Señor libación do seu viño,nin lle presentaron os seus sacrificios. Terá un pan de loito; tódolos que o comen se volverán impuros. Pois o seu pan servirá para as súas gorxas,pero non entrará na casa do Señor.   ¿Que prepararedes para o día da xuntanza,para o día da festa do Señor?   Aínda que queiran escapar da ruína,xuntaraos Exipto, enterraraos Menfis. Aínda que a prata lles resulta cousa preciosa,as estrugas recibirana en herdanzae as silvas medran nas súas tendas.   ¡Chegaron os días das contas,chegaron os días do desquite. Sábeo ti, Israel. O profeta está tolo, o home do espírito delira. Polo enorme da túa iniquidade,e por multiplicarse a túa hostilidade,   é o profeta, a sentinela de Efraím, quen está con Deus: (cos seus oráculos) fanlle trampa ó comportamento de Efraím,pon hostilidades no templo da súa divindade.   Corrompéronse profundamente coma nos días de Guibahpero (o Señor) lembra a súa iniquidadee pídelles contas dos seus pecados. 10  Coma un bacelo no deserto atopei eu a Israel,coma o primeiro figo maduro da figueira, vin eu os seus pais. Pero eles foron a Baal-Peor, e consagráronse á Vergonza,e volvéronse tan abominables coma o que eles amaban. 11  Efraím é coma un paxaro, desaparecerá voando a gloriado seu parto, da súa matriz e da súa preñez. 12  Aínda que críen ós seus fillos, eu privareinos de homes. Si, ¡ai deles! cando eu deles me aparte. 13  Vin a Efraím marchar xunto á concubina instalada no campo,pero así entregará os seus fillos ós asasinos. 14  ¡Dálles, Señor! ¿Que lles vas dar? Dálles úteros sen fillos e peitos enxoitos. 15  Toda a súa maldade vén desde Guilgal, desde entón aborrecino,pola maldade das súas accións boteinos da miña casa,non os volverei amar, pois tódolos seus xefes son rebeldes. 16  Efraím está ferido, a súa raíz está reseca, sen froito;aínda que dea a luz, farei morre-lo froito querido das súas entrañas. 17  O meu Deus rexéitaos, pois non lle fixeron caso,e por isto andarán escapados entre as nacións.

Notas ó pé