Proverbios 18:1-24

18  O que anda apartado procúrase maníase disente de calquera plano.   O necio non se comprace na prudencia,senón tan só nas súas matinacións.   Onde chega a maldade, chega o desprezo;coa mala sona chega a aldraxe.   Augas profundas son as palabras dun home,canle burbullante, fonte de Sabedoría.   Inicuo é favorece-lo culpable,e prexudica-lo inocente co veredicto.   Labios de necio levan a preito,a súa boca chama á liorta.   A boca do necio é a súa propia ruína,e os seus labios son para el mesmo unha trampa.   Verbas de intrigante son coma lambetadas,que penetran no máis fondo do ventre.   O neglixente no seu traballoé irmán do destructor. 10  O nome do Señor é forte torreón: acóllese nel o xusto, e acouga seguro. 11  A facenda do rico é o seu castelo fortificado,considéraa coma unha alta muralla. 12  O corazón do home érguese orgulloso antes da desfeita,pero é a humildade a que precede á gloria. 13  Quen responde unha cuestión antes de escoitar,conseguirá fatuidade e mais vergonza. 14  Ánimo baril sostén no sufrimento,pero ¿quen soerguerá un ánimo decaído? 15  Mente prudente acada o saber,oído de sabios procura a ciencia. 16  Regalos abren camiños,e levan a ter tratos cos grandes. 17  O primeiro en falar nun preito semella levar razón,ata que chega o outro e fai a réplica. 18  A sorte apaga as contendas,e decide entre os potentes. 19  Irmán ofendido péchase máis ca unha fortaleza,e as liortas son ferrollos de castelo. 20  Do froito da súa boca énchese o ventre do home,e fártase co producto dos seus labios. 21  Morte e vida están no poder da lingua;dos froitos que prefira, xantará. 22  Quen encontra muller encontra un ben,e recibiu favor do Señor. 23  O pobre fala xemendo,o rico responde bruando. 24  Hai compañeiros só para parolar,e hai amigos máis íntimos ca irmáns.

Notas ó pé