Proverbios 24:1-34
24 Non envéxe-los malvadosnin anceies xuntarte con eles,
2 pois as súas mentes matinan destruccióne os seus labios traman a desgracia.
3 Un casal constrúese coa Sabedoríae afíncase co discernimento,
4 as súas pezas énchense co saberdos bens máis prezados e elegantes.
5 Máis baril é o sabio có forzudo,e persoa de saber afianza o poderío,
6 pois coa estratexia gañara-la guerrae o triunfo está nos moitos conselleiros.
7 A Sabedoría queda lonxe do parvo:
o tal non abrirá a boca na asemblea da porta.
8 O que matina para mal,levará alcume de intrigante;
9 pecado é a intriga do necioe a xente refuga ó cínico.
10 Se te mostras feble no tempo da proba,feble era a túa forza.
11 Libera ós condenados á morte,non negues axuda ós que van ser executados,
12 xa que se despois dis: —“Nós non sabiamos tal”,¿pensas que o que sopesa as intencións non se decata?
O que vixía a túa vida ben que o sabe,el retribuirá a cadaquén conforme ós feitos.
13 Filliño, toma mel, que che é bo,o panal é doce ó padal;
14 tales son o coñece-la Sabedoría para a túa vida:
se a acadas, terás futuro,e non será frustrada a túa esperanza.
15 Non axéxe-lo casal do home xustonin destrúa-lo seu acougo,
16 pois se sete veces cae o home honrado, outras tantas se ergue,mais os perversos tropezan e non se levantan.
17 Non te alegres cando caia o inimigonin botes risadas cando tropece,
18 non sexa que, ó velo, desagrades ó Señor,e retire del a súa xenreira.
19 Non te alporices contra os malvadosnin envéxe-los perversos,
20 pois o impío non ten futuroe a candea dos perversos esmorece.
21 Meu fillo, teme ó Señor e ó rei,non te comprometas cos que conspiran,
22 pois a súa desfeita sobrevén de súpeto,e quen sabe cando chegará a ruína das súas vidas.
23 Tamén estas máximas se atribúen ós Sabios:
Dar un xuízo parcial non está ben.
24 A quen lle di ó culpable: —“te-la razón”maldino os pobos, detéstano as nacións,
25 mais os que os reprenden quedarán contentos,e virá sobre eles a bendición cumprida.
26 Bica nos labiosquen responde francamente.
27 Pon orde no teu traballo exterior,arránxate na túa leira;despois poderás construí-la casa.
28 Non fagas sen máis de testemuña contra o teu veciño,¿gústache enganar coa boca?
29 Non digas: —“Farei con el o que el fixo comigo;vaimas pagar conforme ó seu feito”.
30 Pasei pola leira do preguiceiro,preto da viña do insensato,
31 e estaba toda inzada de silveiras,toda cuberta de estripose o valado de pedra derrubado.
32 Ó velo reflexionei,ollalo foi aprender unha lección:
33 dormes un pouco, moqueas outro pouco,crúza-los brazos un intre para repousar,
34 e achégaseche a pobreza coma un moinantee a necesidade coma un mendigo.