Proverbios 27:1-27

27  Non te gabes do mañá,que non sabes que traerá o hoxe.   Lóuvete outro, e non a túa boca;un alleo, e non os teus labios.   Peso de pedra, carga de area: máis cós dous pesa a carraxe do tolo.   Cruel é a ira; e unha enxurrada, o noxo,pero contra os celos ¿quen se pode manter?   Mellor é reproche patentecá amizade acubillada.   As feridas de amigo son de lei,os bicos do inimigo son finxidos.   Andorga farta patea no mel,para a gorxa famenta é doce o amargo.   Pardal que revoa lonxe do niño,é quen anda errante lonxe do seu eido.   Perfume e incenso alegran o corazón,a dozura da amizade dálle forza ó espírito. 10  Non desbotes ó teu amigo nin ó de teu pai,e non terás que ir á casa de teu irmán no día da desgracia. 11  Meu fillo, faime feliz sendo sabio,e terei resposta que dar a quen me aldraxe. 12  O asisado ve o perigo, e apártase;os docas tiran para diante, e páganas. 13  Queda ti co seu vestido, pois deu prenda por un alleoe puxo fianza por unha estranxeira. 14  Quen xa de mañanciña saúda ó veciño a berros,é coma se o maldicise. 15  Pingar arreo nun día de orballadae muller rifadora son cousas parellas; 16  quen a retén, retén vento,e recolle aceite na man. 17  Co ferro afíase o ferro,e o home a carón do próximo. 18  Quen coida da figueira, xantará do froito;quen garda ó seu amo, será honrado. 19  Coma as augas reflicten o rostro,así a intención reflicte ó home. 20  Xeol e abismo non se dan fartos,tampouco se enchen os ollos do home. 21  O forno proba a prata; o crisol, o ouro;e o home, a opinión de quen o gaba. 22  Aínda que esnaquíce-lo tolo cun mazonun morteiro mesturado coa area,non lle tirarás fóra a necidade. 23  Repara ben no aspecto da túa greae ten boa conta dos teus rabaños, 24  pois a facenda non dura semprenin as riquezas de xeración en xeración; 25  apañada a herba e despuntado o gromo,recolleita a forraxe das montañas, 26  os años forneceranche vestidoe as cabuxas terán o prezo dunha leira, 27  terás leite de cabra abondo para a túa mantenzapara a mantenza da túa casa e sustento das túas criadas.

Notas ó pé