Proverbios 31:1-31

31  Verbas de Lemuel, rei de Masá, coas que o instruíu súa nai:   ¡Non, meu fillo! ¡Non, filliño das miñas entrañas! ¡Non, fillo das miñas promesas!   Non céda-lo teu vigor ás mulleresnin a túa potencia ás que perden ós reis.   Non di ben cos reis, Lemuel,non di ben cos reis o beber viño,nin convén a gobernantes o licor,   non sexa que, bébedos, esquezan as leise trastornen o dereito dos miserentos.   Dá o licor ó afundido;e viño, ós de espírito magoado,   para que beban e esquezan a miseriae non se lembren máis da súa coita.   Pronúnciate a favor do mudoe a prol da causa dos abandonados.   Abre a boca e pronuncia sentencia xusta,e defende o dereito do coitado e do pobre. 10  Unha muller xeitosa ¿quen a atopará?: o seu valer supera o das perlas. 11  O seu marido pon nela a confianzae non lle han faltar ganancias; 12  procúralle felicidade, e non desgracia,tódolos días da súa vida. 13  Consegue lá e liño,e traballa gustosa coas súas mans; 14  é coma os barcos mercantes,traendo de lonxe a súa mantenza. 15  Érguese cando aínda é noite,dando ordes ós da casae distribuíndo os mandatos entre as criadas. 16  Mira unha leira e mércaa,e co que producen as súas mans planta unha viña. 17  Cingue de fortaleza os seus cadríse reafirma os seus brazos; 18  decátase de que a súa tarefa prosperae a súa candea non esmorece na noite. 19  Bota as máns á rocae os seus dedos manexan o fuso. 20  Tende a palma ó indixentee achega as súas máns ó mendigo. 21  Non teme polos da casa cando neva,pois todos eles levan roupas dobradas. 22  Fíxose ela mesma os cobertores,e o seu vestido é de liño escolleito e púrpura. 23  O seu marido é estimado no tribunal,cando asenta cos anciáns da bisbarra. 24  Confecciona tea e véndea,e fornece de faixas ós viaxantes. 25  Forza e elegancia son o seu vestido,e ri cara ó día de mañá. 26  Cando abre a boca é con sabedoría,e na súa lingua hai unha instrucción piadosa. 27  Está pendente do ir e vir dos da casa,e non xanta un pan ocioso. 28  Érguense os seus fillos e bendícena,e o marido fai a súa louvanza: 29  —“Hai moitas mozas de valer,mais ti véncelas a todas”. 30  A gracia engana e a fermosura esvaece: só a muller que teme ó Señor merece ser louvada. 31  ¡Que falen por ela as obras das súas mans,e os seus feitos lle dean honra na praza!

Notas ó pé