Os Salmos 103:1-22

(103:1) De David. 103  Alma miña, bendice ó Señore todo o meu ser, o seu santo nome.   Alma miña, bendice ó Señor,non esquéza-los seus beneficios.   El perdoa as túas culpase sanda as túas doenzas;   rescata a túa vida da mortee coróate de amor e de tenrura;   farta de bens a túa existenciae renova coma a da aguia a túa mocidade.   O Señor fai xustizae defende o dereito do oprimido.   Mostroulle a Moisés os seus camiños,ós fillos de Israel as súas fazañas.   O Señor é misericordioso e clemente,tardo á ira e rico en mercedes.   Non contende por moito temponin se anoxa para sempre. 10  Non nos trata conforme ós nosos errosnin nos paga conforme ás nosas culpas. 11  Canto se alza o ceo sobre a terra,así é grande o seu amor para os que o temen; 12  canto dista o nacente do poñente,así arreda de nós as nosas culpas; 13  canto un pai ama ós seus fillos,así ama o Señor ós que o temen. 14  El sabe de que estamos feitos,recorda que somos lama. 15  Os días do home son coma o feno,o seu florecer coma o da flor: 16  aínda non a roza o vento, xa se foi,e o seu sitio xa non a volve a ver. 17  Mais para os que o temen, o amor do Señor dura por sempre,a súa xustiza chega ós fillos e ós netos 18  dos que gardan a súa alianza,dos que recordan os seus mandatos e os cumpren. 19  O Señor asentou no ceo o seu tronoe o seu reino goberna o universo. 20  Bendicide ó Señor, os seus anxos,seres poderosos ás súas ordes,que obedecéde-la súa palabra. 21  Bendicide ó Señor, os seus exércitos,servidores que facéde-la súa vontade. 22  Bendicide ó Señor, as súas obras,en tódolos lugares do seu reino. Alma miña, bendice ó Señor.

Notas ó pé