Os Salmos 104:1-35

104  Alma miña, bendice ó Señor. Señor, meu Deus, ti es moi grande,vestido de gloria e maxestade,   envolto en luz coma nun manto. Ti esténde-lo ceo coma unha tenda,   constrúe-la túa morada sobre as augas;ti po-las nubes por carroe camiñas nas ás do vento.   Dos ventos fas mensaxeiros;das labaradas de lume, os teus ministros.   Ti asentáche-la terra nos seus alicercese non abalará endexamais.   Cubríchela co manto do océanoe as augas subían ó alto dos montes.   Ante a túa ameaza, fuxiron;á voz do teu trono, escaparon.   Erguéronse os montes e abaixáronse os valesó lugar que ti lles fixaches.   Puxécheslles fronteiras que non traspasarán: non volverán cubri-la terra. 10  Ti encána-las fontes polos ríos,que corren entre montañas. 11  Beben as feras do monte,apagan a sede os onagros. 12  Nas súas ribeiras habitan paxaros,que cantan na ramallada. 13  Desde a túa morada réga-las montañas,do froito das túas obras fártase a terra. 14  Ti fas xermolar herba para o gando,e plantas para uso dos homes,para que da terra saquen pan 15  e viño que alegra o corazón do home;para que co aceite fagan brilla-lo seu rostroe co pan repoñan as forzas. 16  Fártanse as árbores do Señor,os cedros do Líbano que El plantou. 17  Alí fan os paxaros o seu niño,a cigoña pon casa no seu cume. 18  Os picoutos son para as cabras,os penedos para a tobeira dos teixos. 19  Ti fixéche-la lúa e as súas fasese o sol que coñece o seu poñente. 20  Mánda-las tebras, e anoitece,e osman as feras salvaxes. 21  Os leonciños brúan pola presa,piden a Deus o sustento. 22  Ó saí-lo sol arrédanse,vanse deitar nos seus tobos. 23  Entón sae o home ó seu traballo,ó seu labor, ata o serán. 24  ¡Cantas son, Señor, as túas obras,todas feitas con saber! A terra está chea das túas creaturas. 25  Alá o mar grande e espacioso,con reptís que non se contan,con animais pequenos e grandes. 26  Alí navegan as naos e o Leviatán,que fixeches para que rebrinque. 27  Todos agardan de tique lles botes comida ó seu tempo. 28  Cando a botas, atrápana;ábre-la man, e fártanse de bens. 29  Escónde-lo teu rostro, e estremecen;retíra-lo teu alento, e expiran,voltando ó seu po. 30  Mánda-lo teu alento, e son creadose renóva-la cara da terra. 31  Gloria ó Señor por sempre,alégrese o Señor coas súas obras. 32  Cando El a enxerga, a terra treme;cando toca os montes, botan fume. 33  Cantarei ó Señor mentres viva,salmearei ó meu Deus mentres exista. 34  Que El acolla o meu cantare alegrareime eu no Señor. 35  Que se borren da terra os pecadorese que non existan máis malvados. Alma miña, bendice ó Señor.

Notas ó pé