Os Salmos 107:1-43

107  Louvade o Señor, que é boe o seu amor é eterno.   Dígano os redimidos do Señor,os que El redimiu da man dos opresores   e reuniu de tódolos países,do nacente e do poñente,do norte e do sur.   Errando polo deserto solitario,non atopaban camiño de cidade habitable.   Famentos e sedentos,encollíaselle-lo espírito.   No apreto clamaron ó Señore El librounos da aflicción.   Levounos por camiño dereitocara a unha cidade habitable.   Dean gracias ó Señor pola súa misericordia,polos seus prodixios cos humanos.   El sacia ós sedentose farta de bens ós famentos. 10  Xacían na escuridade e nas tebras,presos de coitas e ferro, 11  por se teren rebelado contra a palabra de Deuse desprezado o consello do Altísimo. 12  Aflixiunos El con traballos,e eles cambaleaban, sen ninguén que lles valese. 13  No apreto clamaron ó Señore El librounos da aflicción. 14  Sacounos da escuridade e das tebrase rompeu as súas cadeas. 15  Dean gracias ó Señor pola súa misericordia,polos seus prodixios cos humanos. 16  El rompeu as portas de broncee esnaquizou os ferrollos. 17  Doentes polos seus erros,aflixidos polas súas culpas, 18  dáballes noxo a comidae andaban ás portas da morte. 19  No apreto clamaron ó Señore El librounos da aflicción. 20  Mandou a súa palabra e sanounos,rescatounos da perdición. 21  Dean gracias ó Señor pola súa misericordia,polos seus prodixios cos humanos. 22  Ofrézanlle sacrificio de louvanzae pregoen con xúbilo os seus feitos. 23  Os que baixan nos barcos ó mar,para face-lo seu traballo nas augas abismais, 24  poden ve-los feitos do Señor,os seus prodixios no océano. 25  Cun aceno del érguese o vento de temporale levántanse fortes as ondas: 26  érguense cara ó ceo e caen no abismo. Co estómago revolto, mareados, 27  dan voltas coma borrachos: toda a súa pericia queda en nada. 28  No apreto clamaron ó Señore El librounos da aflicción. 29  El troca a tempestade en brisa lene,e quedan caladas as ondas. 30  Alégranse eles coa calma,e El lévaos ó porto arelado. 31  Dean gracias ó Señor pola súa misericordia,polos seus prodixios cos humanos. 32  Celébreno na asemblea do pobo,lóuveno na xunta dos anciáns. 33  El converte os ríos en deserto,o manantío en terra reseca; 34  a terra vizosa en salinas,pola maldade dos moradores. 35  El cambia o deserto en lagoae a terra seca en manancial. 36  Asenta alí os famentos,e fundan cidade para habitar. 37  Sementan agros, plantan viñase recollen os froitos. 38  Dálle-las bendicións, e van a máise as súas facendas non minguan. 39  Se minguasen e fosen abatidos,sería polo peso da malicia e das ansias. 40  O que bota desprezos sobre os grandese os fai errar por unha soidade sen camiños, 41  ergue os pobres da miseriae acrecenta coma rabaños as súas casas. 42  Ó velo, alégranse os rectos,mentres que a iniquidade pecha a súa boca. 43  O sabio terá en conta isto,entenderá a misericordia do Señor.

Notas ó pé