Os Salmos 108:1-13

(108:1) Cántiga, salmo, de David. 108  (108:2) O meu corazón está disposto, meu Deus: quero cantarche e louvarte. Espertade, miñas entrañas,   (108:3) espertade, cítola e harpa: eu quero cantar coa aurora.   (108:4) Louvareite, Señor, diante dos pobos,cantareiche diante das nacións.   (108:5) O teu amor é máis alto có ceo,a túa fidelidade chega ata as nubes.   (108:6) Érguete, Deus, sobre o ceo,enche a terra da túa gloria.   (108:7) Para que os teus amigos sexan liberados,socórrenos coa salvación da túa dereita.   (108:8) O Deus santo tiña dito: —“Cantarei triunfo, partirei Xequem,parcelarei o val de Succot,   (108:9) Meu é Galaad, meu Menaxés,elmo da miña cabeza é Efraím,e Xudá o meu cetro.   (108:10) Moab é o estanque en que me baño,sobre Edom poño a sandaliae canto victoria sobre Filistea”. 10  (108:11) ¿Quen me levará a unha praza forte? ¿Quen me guiará ata Edom? 11  (108:12) ¿Quen, se non ti, Deus, que nos tes rexeitadose xa non saes, Deus, co noso exército? 12  (108:13) Axúdanos ti no apreto,pois inútil é a axuda dos homes. 13  (108:14) Con Deus faremos fazañas,El esmagará os nosos opresores.

Notas ó pé