Os Salmos 143:1-12
(143:1) Salmo, de David.
143 Escoita, Señor a miña oración,pola túa fidelidade, atende a miña súplica,respóndeme, pola túa xustiza.
2 Non veñas a xuízo co teu servo,pois ningún home vivo é xusto ante ti.
3 O meu inimigo perségueme de morte,tripa a miña vida polo chan;relégame ás tebras,coma ós xa mortos noutro tempo.
4 O meu espírito encóllese en min,quédame xeado o corazón.
5 Eu recordo os tempos pasados,considero os teus feitose medito as accións das túas mans.
6 Estendo as mans cara a ti:
coma a terra reseca, a miña alma ten sede de ti.
7 Respóndeme axiña, Señor,que me falta o alento.
Non me escónda-la túa cara,non me asemelle ós que baixan á cova.
8 Faime sentir de mañá o teu favor,pois eu confío en ti.
Ensíname que camiño collerei,pois cara a ti alzo a miña alma.
9 Líbrame, Señor, dos meus inimigos,pois eu acóllome a ti.
10 Apréndeme a face-la túa vontade,pois ti e-lo meu Deus.
Que o teu alento bo me guíepor unha terra cha.
11 Polo teu nome, Señor, consérvame a vida,pola túa bondade tírame do apreto:
12 pola túa misericordia destrúe os meus inimigos,extermina os que de morte me perseguen,pois eu son o teu servidor.