Os Salmos 145:1-21
(145:1) Himno de louvanza, de David.
145 Meu Deus e meu rei, quero enxalzartee bendicir por sempre o teu nome.
2 Bendicireite o día enteiro,louvarei por sempre o teu nome.
3 Grande é o Señor e digno de louvanza,a súa grandeza é insondable.
4 Unha xeración gáballe a outra os teus feitose cóntalle as túas fazañas.
5 Falan da gloria da túa maxestade,e eu refiro as túas marabillas.
6 Pregoan os teus poderosos escarmentos,e eu anuncio a túa grandeza.
7 Transmiten a memoria da túa gran bondadee cantan a túa xustiza.
8 O Señor é clemente e compasivo,tardo á ira e rico en amor.
9 O Señor é bo para todos,garimoso con tódalas súas obras.
10 Lóuvente, Señor, as túas obras,bendígante os teus amigos.
11 Pregoen a gloria do teu reino,proclamen as túas fazañas.
12 Ensinen ós homes a túa forzae a maxestade gloriosa do teu reino.
13 O teu reino é reino eterno,o teu goberno dura por xeracións.
14 O Señor sostén a tódolos que caene endereita os que se dobran.
15 Tódolos ollos cara a ti agardanque ti lles déa-lo sustento ó seu tempo.
16 Abres ti a túa mane dáslle fartura a todo ser vivo.
17 O Señor é xusto nos seus camiños todos,bo en tódolos seus feitos.
18 O Señor está cerca dos que o chaman,dos que sinceramente o invocan.
19 El cumpre a vontade dos que o temen,escoita o seu pranto e socórreos.
20 O Señor garda ós que o aman,pero desbota os malvados.
21 A miña boca pregoará as louvanzas do Señore tódolos seres vivos bendicirán o seu nome santopolos séculos dos séculos.