Os Salmos 33:1-22
33 Alegrádevos, xustos, no Señor:
ós rectos acáelle-la louvanza.
2 Festexade ó Señor con cítolas,tocade con harpa de dez cordas.
3 Cantádelle unha nova cántiga,tanxédelle ben, con aturuxos.
4 A palabra do Señor é rectae tódalas súas obras son leais:
5 El quere o dereito e a xustiza,a súa misericordia enche a terra.
6 Pola palabra do Señor foron feitos os ceos,polo alento da súa boca tódolos astros.
7 Xuntou, coma nun fol, a auga do mar,meteu en depósitos o océano.
8 Adore ó Señor a terra enteira,estremézase diante del a poboación do orbe,
9 pois falou El, e existiron,mandouno El, e xurdiron.
10 O Señor estraga o consello das nacións,desbarata os designios dos pobos.
11 O consello do Señor dura por sempre,os seus plans de xeración en xeración.
12 Feliz a nación que ten a Deus por Señor,o pobo que El elixiu como herdade.
13 Desde o ceo mira o Señor,olla para tódolos homes;
14 desde a súa morada observaa tódolos habitantes da terra.
15 El modelou o corazón de todos elese esculca as súas obras.
16 Non os moitos soldados lle dan a victoria ó reinin é a moita forza a que salva ó guerreiro;
17 engano é a cabalería para a victoria,un grande exército non é a salvación.
18 Os ollos do Señor miran polos seus fieis,polos que esperan na súa misericordia,
19 para libra-la súa vida da morte,para os manter no tempo da miseria.
20 Nós agardámo-lo Señor:
El é o noso socorro, o noso escudo.
21 Nel alégrase ó noso corazóne confiamos no seu nome.
22 Veña a nós, Señor, a túa misericordia,como de ti o esperamos.