Os Salmos 41:1-13
(41:1) Do mestre do coro. Salmo, de David.
41 (41:2) Feliz quen coida do coitado:
no día da calamidade librarao o Señor.
2 (41:3) O Señor gardarao, conservaralle a vida,farao feliz sobre a terrae non o entregará ó capricho do inimigo.
3 (41:4) O Señor socorrerao no leito da dor,aliviarao na súa enfermidade.
4 (41:5) Eu digo: —“Señor, ten compaixón de min,sándame, que teño pecado contra ti”.
5 (41:6) Os meus inimigos agóiranme o peor:
—“A ver se morre e se perde o seu nome”.
6 (41:7) Se algún me vén ver, finxe,garda nos adentros cousas de malicia,para pregoalas ó saír.
7 (41:8) Os meus inimigos xúntanse para murmuraren de min,e apóñenme o mal que padezo:
8 (41:9) —“Unha peste maligna caeu sobre el;deitouse para non se erguer nunca máis”.
9 (41:10) Mesmo o amigo en quen confiaba,que comía do meu pan,levanta o seu pé contra min.
10 (41:11) Pero ti, Señor,ten compaixón de min e ponme en pé,para que poida pagarlles.
11 (41:12) Nisto saberei que teño o teu favor:
que o meu inimigo non cante victoria sobre min.
12 (41:13) Se eu estou san, é que ti me sostése mantesme sempre diante de ti.
13 (41:14) Bendito sexa o Señor, Deus de Israel,desde sempre e para sempre. Amén. Amén.