Os Salmos 44:1-26

(44:1) Do mestre do coro. Dos coreítas, maskil. 44  (44:2) Nós mesmos, Deus, oímolo,e nosos pais nolo contaron: a obra que fixeches nos seus días,nas idades remotas.   (44:3) Coa túa propia mandesherdaches xente, para establecelos,destruíches nacións, para estendelos.   (44:4) Non adquiriron o país coa súa espada,nin foi o seu brazo quen lles deu a victoria,senón a túa dereita e o teu brazoe a luz da túa presencia, porque os amabas.   (44:5) Es ti, meu Deus e meu rei,quen lle dá a victoria a Xacob.   (44:6) Contigo rexeitámo-los nosos agresores,no teu nome calcamos nos nosos adversarios.   (44:7) Non é no meu arco en quen confíonin é a miña espada a que me dá a victoria.   (44:8) Ti es quen nos libra dos que nos aldraxan,quen confúnde-los que nos odian.   (44:9) En Deus está a nosa gloria,no seu nome, a nosa gabanza.   (44:10) Mais agora rexéitasnos, exposnos á vergonza,non saes cos nosos exércitos á guerra. 10  (44:11) Déixasnos recuar diante dos inimigos,espólianno-los nosos agresores. 11  (44:12) Entrégasnos, coma res de matadeiro,espállasnos entre tódalas xentes. 12  (44:13) Vendes sen prezo ó teu pobo,sen gañar na súa venda. 13  (44:14) Fas de nós o riso dos veciños,a burla e o escarnio do arredor. 14  (44:15) Fas de nós a rexouba das xentese o aceno burlón dos demais pobos. 15  (44:16) A deshonra está todo o día ante min,cóbreme a cara a vergonza 16  (44:17) cando escoito ós que insultan e aldraxan,cando vexo inimigos e adversarios. 17  (44:18) E todo isto pasounos sen te esquencermos,sen violármo-la túa alianza, 18  (44:19) sen volver atrás o noso corazón,nin desvia-los pés do teu camiño. 19  (44:20) Ti botáchesnos ós chacais,cubríchesnos de tebras. 20  (44:21) Se esquecesémo-lo noso Deus,ou erguesémo-las mans a un deus alleo, 21  (44:22) ¿non o ía Deus descubrir,El, que coñece os íntimos segredos? 22  (44:23) Pola túa culpa somos decote degolados,tratados coma res de matadeiro. 23  (44:24) Esperta, ¿por que estás, Señor, durmido? Érguete. Non nos rexeites para sempre. 24  (44:25) ¿Por que escónde-la túa cara,esquéce-la nosa miseria e opresión? 25  (44:26) O noso alento está postrado no po,o noso ventre polo chan. 26  (44:27) Érguete na nosa axuda,redímenos, pola túa misericordia.

Notas ó pé