Os Salmos 48:1-14

(48:1) Cántiga. Salmo, dos coreítas. 48  (48:2) Grande é o Señor e digno de louvanzana cidade do noso Deus.   (48:3) O monte santo, fermoso outeiro,é o gozo de toda a terra;o monte Sión, cima setentrional,a capital do gran rei.   (48:4) Deus nos seus alcázaresdeuse a coñecer coma refuxio.   (48:5) Vede que se uniron os reis,para marcharen xuntos contra ela;   (48:6) mais, ó vela, admiráronse,turbáronse, fuxiron asustados.   (48:7) Colleunos alí o terror,un tremor coma de parto,   (48:8) coma cando o vento do lesteesnaquiza as naos de Tárxix.   (48:9) Como o oiramos, así o vimosna cidade do Señor dos exércitos,a cidade do noso Deus: Deus fíxoa firme para sempre.   (48:10) Nós festexamos, Deus, o teu amordentro do teu santuario. 10  (48:11) Coma o teu nome, Deus, así a túa louvanzachega ós confíns da terra. A túa dereita está chea de xustiza; 11  (48:12) alégrase o monte Sión,as cidades de Xudá reloucan,á vista dos teus xuízos. 12  (48:13) Dádelle a volta a Sión,contade as súas torres, 13  (48:14) fixádevos nos seus muros,percorrede os seus pazos,para podelo contar á xeración futura. 14  (48:15) O noso Deus de sempre e para sempre,El é quen nos guía por riba da morte.

Notas ó pé