Os Salmos 50:1-23

(50:1) Salmo, dos asafitas. 50  Fala o Señor, o Deus dos deuses,convoca a terra desde oriente a occidente.   Desde a fermosa Sión Deus resplandece,   o noso Deus vén e non cala. Diante del un lume que abura,arredor del a tempestade que brúa.   Desde o alto convoca o ceo e maila terrapara xulga-lo seu pobo.   —“Congregade ante min os meus fieis,que cun sacrificio fixeron comigo alianza”.   Os ceos anunciarán a súa xustiza,pois é Deus mesmo quen xulga.   —“Escoita, meu pobo, que che falo,Israel, que vou declarar contra ti. Eu son Deus, o teu Deus.   Non te reprendo polos teus sacrificios,pois os teus holocaustos están sempre ante min.   Eu non aceptarei becerros do teu gandonin carneiros dos teus rabaños, 10  pois miñas son as feras todas dos bosquese nos meus montes hai animais a milleiros, 11  coñezo os paxaros do ceo,e teño á man canto bole nos campos. 12  Se tivese fame, non cho iría dicir,pois meu é o mundo e canto o enche. 13  ¿Acaso como eu carne de tourose bebo sangue de carneiros? 14  Ofrécelle a Deus a louvanzae cumpre os teus votos ó Altísimo. 15  Invócame no tempo do apuro: eu salvareite e ti darasme gloria”. 16  Dille Deus ó impío: —“¿Para que recíta-los meus mandatose levas na boca a miña alianza, 17  ti que despréza-la instruccióne te viras de costas contra os meus preceptos? 18  Cando ves un ladrón, corres con ele entre os adúlteros atópa-lo teu sitio. 19  Ábre-la boca para o male a túa lingua trama o engano. 20  A penas sentas, falas do irmáne tíraslle a sona á filla da túa nai. 21  Cando isto fas, ¿terei eu que calar? ¿Pensas que son coma ti? Repréndote e acúsote á cara”. 22  Entendede ben isto, os que esquecedes a Deus,antes que vos destroce, sen que ninguén vos salve. 23  O que ofrece louvanza dáme gloria;ó que vai por bo camiñodareille a salvación de Deus.

Notas ó pé