Os Salmos 53:1-6
(53:1) Do mestre do coro, segundo Mahalat. Maskil, de David.
53 (53:2) Pensan os parvos para si:
—“Deus non está”.
Corrompidos, de conducta abominable:
non hai quen faga o ben.
2 (53:3) Deus observa os homes desde o ceo,para ver se hai algún asisado,algún que pregunte por Deus.
3 (53:4) Andan todos desviados,por xunto corrompidos.
Non hai quen faga o ben,non hai sequera un.
4 (53:5) ¿É que non aprenderán os malfeitores?
Engolen o meu pobo coma pan,sen preguntaren por Deus.
5 (53:6) Alá van tremendo de medo,cando non había razón para temer.
Deus esparexe os ósos dos traidores;e eles avergónzanse de tiporque Deus os rexeita.
6 (53:7) ¿Quen lle traerá de Sión a salvación a Israel?
Cando vire o Señor a sorte do seu pobo,exultará Xacob, alegrarase Israel.