Os Salmos 54:1-7

(54:1, 2) Do mestre do coro, con instrumentos de corda. Maskil, de David. Cando viñeron os de Zif dicirlle a Xaúl: David escóndese onda nós 54  (54:3) Sálvame, Deus, polo teu nome,co teu poder defende a miña causa.   (54:4) Escoita, Deus, a miña súplica,atende a miña palabra.   (54:5) Érguense contra min homes soberbios,homes violentos buscan a miña vida,sen teren a Deus en conta.   (54:6) Mais Deus é a miña axuda,o Señor é quen sostén a miña vida.   (54:7) Recaia a desgracia sobre os meus perseguidores,extermínaos, pola túa fidelidade.   (54:8) Eu ofrecereiche gustoso sacrificios,louvareite, Señor, porque es bo.   (54:9) Ti líbrasme de tódolos apretose móstrame os inimigos en desfeita.

Notas ó pé