Os Salmos 63:1-11

(63:1) Salmo, de David. Cando se encontraba no deserto de Xudá. 63  (63:2) Deus, meu Deus, por ti madrugo,de ti ten sede a miña alma;por ti devece o meu corpo,en terra reseca, sedento e sen auga.   (63:3) Miro cara a ti no santuario,para ve-lo teu poder e a túa gloria.   (63:4) O teu amor é mellor cá vida,lóuvante os meus labios;   (63:5) toda a miña vida te bendigoe levanto no teu nome as miñas mans.   (63:6) Como de graxa e manteiga, estou satisfeito,con labios alegres lóuvate a miña boca.   (63:7) No leito relémbrote,nas vixilias da noite penso en ti.   (63:8) Ti e-lo meu auxilio,á sombra das túas ás estou contento;   (63:9) a ti está unida a miña alma,a túa dereita é o meu apoio.   (63:10) Os que queren a miña ruínabaixarán ó profundo da terra; 10  (63:11) caerán ó fío da espada,serán ración dos chacais. 11  (63:12) En Deus alégrase o rei,gloríanse os que xuran no seu nome,mentres pechan a boca os mentireiros.

Notas ó pé