Os Salmos 89:1-52

(89:1) Maskil, de Etán o indíxena. 89  (89:2) Quero cantar por sempre o amor do Señor,pregoar polas xeracións a súa fidelidade:   (89:3) —“Penso que o teu amor está fundado co mundo,a túa fidelidade asentada cos ceos”.   (89:4) Co meu elixido firmo unha alianza,ó meu servo David fágolle un xuramento:   (89:5) —“Afincarei a túa liñaxe para sempre,construireiche un trono duradeiro”.   (89:6) Os ceos proclaman, Señor, as túas marabillas,a asemblea dos santos, a túa fidelidade.   (89:7) ¿Quen, sobre as nubes, se compararía co Señor? ¿Quen lle semella entre os seres divinos?   (89:8) Deus no consello dos santos é temido,grande e terrible para canto o rodea.   (89:9) Señor, Deus dos exércitos, ¿quen hai coma ti,cinguido, Señor, de poder e fidelidade?   (89:10) Ti domína-la soberbia do mar,acála-las ondas levantadas. 10  (89:11) Ti esmagas a Ráhab coma un cadávere desbaratas con brazo poderoso os teus inimigos. 11  (89:12) Teu é o ceo e túa a terra,o mundo e canto o enche ti o fundaches. 12  (89:13) Ti creáche-lo norte e o sur,o Tabor e o Hermón exultan no teu nome. 13  (89:14) Ti tes brazo potente,a túa man é forte, a túa dereita ergueita. 14  (89:15) Xustiza e rectitude fundamentan o teu trono,amor e fidelidade marchan ante ti. 15  (89:16) Feliz o pobo que sabe aclamartee camiñar, Señor, na luz da túa presencia. 16  (89:17) O teu nome fai a súa ledicia o día enteiro,a túa xustiza é a súa gloria. 17  (89:18) Ti es, en verdade, a súa gloria e a súa forza,polo teu favor erguemos nós a testa. 18  (89:19) O Señor é o noso escudo,o santo de Israel o noso rei. 19  (89:20) Un día falaches así en visión ós teus amigos: —“Púxenlle a coroa a un valente,erguín do medio do pobo un elixido; 20  (89:21) atopei o meu servo Davide unxino con óleo santo. 21  (89:22) A miña rexa man estará con el,o meu brazo farao forte. 22  (89:23) Non poderán con el os inimigosnin o abaterán os malvados. 23  (89:24) Eu desfarei ante el os meus adversarios,ferirei ós que me aborrecen. 24  (89:25) A miña fidelidade e o meu amor irán con ele no meu nome erguerá a testa. 25  (89:26) Estenderei sobre o mar a súa man,sobre os ríos a súa dereita. 26  (89:27) El dirame: —Ti es meu pai,meu Deus, rocha da miña salvación. 27  (89:28) Eu dareille a primoxenitura,a soberanía sobre os reis da terra. 28  (89:29) Gardareille o meu amor eternamentee a miña alianza con el será leal. 29  (89:30) Dareille unha posteridade duradeira,o seu trono sosterase coma os ceos. 30  (89:31) Se os seus fillos abandonan a miña leie non se rexen polas miñas decisións; 31  (89:32) se profanan os meus mandatose non gardan os meus preceptos, 32  (89:33) eu fustrigarei coa vara os seus delitose con azoutes as súas culpas. 33  (89:34) Pero non lles retirarei o meu amornin faltarei á miña fidelidade; 34  (89:35) non violarei a miña alianzanin mudarei o dito dos meus labios. 35  (89:36) Unha vez xurei pola miña santidadeque non mentiría a David. 36  (89:37) A súa posteridade será eterna,o seu reino durará coma o sol ante min, 37  (89:38) coma a lúa, que está firme por sempre,signo fiel no alto do ceo”. 38  (89:39) Pero ti rexeitáchelo, desdeñáchelo,incomodácheste co teu unxido; 39  (89:40) rompíche-la alianza co teu servo,profanaches polo chan a súa coroa. 40  (89:41) Derrubáche-los seus muros,convertécheslle en ruína as fortalezas. 41  (89:42) Os que pasan saquéano,é o riso dos veciños. 42  (89:43) Erguíche-la man dos seus adversarios,alegraches ós seus inimigos. 43  (89:44) Gafáche-lo fío da súa espadae non o sostiveches na batalla. 44  (89:45) Tiráchelo do seu esplendor,botaches por terra o seu trono. 45  (89:46) Acurtáche-los días da súa mocidade,cubríchelo de ignominia. 46  (89:47) ¿Por canto tempo aínda, Señor? ¿Esconderaste para sempre? ¿Arderá coma lume o teu furor? 47  (89:48) Recorda cal é a miña duracióne que caducos creáche-los homes. 48  (89:49) ¿Que home vivirá sen ve-la morte? ¿Quen librará a súa vida das poutas do abismo? 49  (89:50) ¿Onde está, Señor, o antigo amorque pola túa fidelidade lle xuraches a David? 50  (89:51) Ten en conta, Señor, a aldraxe dos teus servos,o que teñen que aturar de tódalas nacións; 51  (89:52) os insultos, Señor, dos teus inimigos,os insultos ós pasos do teu Unxido. 52  (89:53) Bendito sexa por sempre o Señor. Amén. Amén.

Notas ó pé