Xob 11:1-20
11 E Sofar o namateo empezou a dicir:
2 —“¿Vai ficar sen resposta tal falabarato?
¿Vai leva-la razón o leriante?
3 ¿Vai silenciar ós demais o teu latricar?
¿Habíaste de mofar sen que ninguén se opoña?
4 Ti ben que dixeches: A miña doutrina é limpa,estou diante de ti coma home puro.
5 Mais ¡oxalá Deus falasee abrise os seus labios contra ti!
6 Mostraríache os misterios da Sabedoría,pois ten moitos aspectos o saber;decataríaste entón de que xa tolleu parte da túa culpa.
7 ¿Podes ti, por caso, dexerga-lo profundo de Deus?
¿Poderaste achegar ata os confíns do Omnipotente?
8 É máis alto có ceo: ¿que lle vas facer ti?
Máis fondo có Xeol: ¿que podes ti saber?
9 É máis longo cá terra;é máis ancho có mar.
10 Cando El pasa a conta, encadeae chama a xuízo, ¿quen o disuadirá?
11 Coñece ben á xente falsa;olla a iniquidade sen que ninguén o albisque.
12 ¡Pero o home tolo recobrará o seu sisocando o onagro montés naza desbravado!
13 Mais se ti entras en razóne estendes cara a El as túas mans,
14 se arréda-lo mal das túas palmase non cobexas na túa tenda a ruindade,
15 poderás ergue-la fronte sen chata,afincarte no chan sen ter medo.
16 Daquela esquecería-las túas mágoas;recordaríaste delas coma de auga pasada.
17 Coma o mediodía xurdiríache a vidae mesmo a tebra trocaríase en abrente.
18 Poderás entón afiunzar, porque existe esperanza,ollar ó teu arredor, e adormecer acougado,
19 pousarte sen que ninguén te espante;e haberá moitos que veñan gaña-lo teu favor.
20 Mais os ollos dos impíos devecen:
perdéuselle-lo refuxio,quédalles coma esperanza soamente o expirar”.