Xob 16:1-22
16 Respondeulle Xob:
2 —“Razóns coma estas téñoas oído a milleiros.
¡Valentes consoladores sodes todos vós!
3 ¿Non haberá un límite para as verbas baldeiras?
ou ¿que é o que te move a responder?
4 Tamén eu podería parolar coma vós,con tal que estivesedes vós no meu posto.
Aparellaría por vós as palabras,abaneando contra vós a testa.
5 Coa miña boca daríavos forza,calmaríavos co mover dos meus labios.
6 Pero se falo, non cede a miña dore se desisto, non se aparta de min.
7 E agora Deus tenme acabado,destruíu canto era a miña compaña
8 e aprétame con gadoupas de ferro;ergueuse coma testemuña contra mine bótame en cara a miña fraqueza.
9 A súa carraxe, chea de furia, esgázame;renxe contra min os dentes;o meu adversario afía os ollos cara a min.
10 En contra miña ábrense bocas;por burla losquéanme na cara;todos se xuntan contra min.
11 Ponme Deus na custodia dos malvados,e bótame nas mans dos criminais.
12 Estaba eu quedo, e esmagoume;colleume do pescozo, e esnaquizoume;colocoume por branco dos seus tiros.
13 Rodeáronme os seus arqueiros,espetoume nos riles sen piedade,espallou polo chan o meu fel,
14 atravesoume con ferida tras ferida,arremeteu contra min coma un guerreiro.
15 Levo un saco cosido á miña pele humillei no po o meu vigor.
16 Teño a face vermella de tanto chorar,cóbreme as pálpebras unha negra sombra,
17 por máis que non haxa crime nas miñas manse sexa sincero o meu rogar.
18 ¡Terra, non encúbra-lo meu sanguee que o meu laio non atope tobo!
19 Aínda está no ceo a miña testemuña;o meu garante, no máis alto,
20 o meu intérprete, o meu amigo ante Deus:
diante del choran os meus ollos.
21 ¡Que el dirima entre o home e mais Deuscoma se xulga un preito entre home e home!
22 Pois acaban, están contados os meus anos,vou marchar polo camiño sen retorno.