Xob 17:1-16

17  O meu espírito vital vai esmorecendo,tan só a cova me resta.   Para min non hai máis ca aldraxes,entre amarguras consómense os meus ollos.   ¡Leva da túa conta a miña fianza! Se non o fas ti ¿quen me vai dar unha man?   Se ti ocultaches das súas mentes a razón,non a vas facer medrar agora.   (Hai quen fala de herdanzas cos veciños,mentres os ollos dos seus fillos esmorecen).   Fixéchesme andar na boca das xentes,un a quen se pode cuspir na cara.   Os meus ollos consómense de tristura;os meus membros son xa unha sombra.   Os honrados abráianse por isoe o inocente alporízase contra o réprobo.   Pero quen ten razón mantense na súa conductae o de mans limpas colle folgos. 10  ¡Voltade todos vós e vinde,que non penso atopar en vós un sabio! 11  Foxen os meus días na vergonza,estráganse as ansias do meu corazón. 12  ¡Hai quen troca a noite en día,a alborada no canto das tebras! 13  ¡Eu xa non espero ren! O Xeol é o meu lare estendo nas sombras o meu leito. 14  Dígolle á cova: Ti e-lo meu pai;miña nai, miña irmá, chámolles ós vermes. 15  ¿Onde ficou a miña esperanza? E a miña felicidade ¿quen a albisca? 16  ¿Vai descender comigo ata o Xeol? ¿Imonos afundir xuntos na terra?”

Notas ó pé