Xob 19:1-29
19 Respondeu Xob:
2 —“¿Ata cando me estaredes a atormentar,a me esmagar con discursos?
3 Xa van dez veces que me asoballades,e ¿non vos dá vergonza aldraxarme?
4 ¡Aínda que de verdade ande errado,o erro vai comigo!
5 ¿Non será que queredes avantaxarvos á miña contaacusándome por mor da miña desfeita?
6 Sabede que é Deus quen me fai dano,cinguíndome coa súa rede.
7 Berro ¡inxustiza!, pero ninguén responde;pido axuda, pero non me fan xustiza.
8 Choeu o meu carreiro e non podo pasar,encheu de tebras o meu vieiro.
9 Espiume da gloria,arrincoume da cabeza a coroa.
10 Destruíu todo ó meu arredor, e teño que irme;fendeu coma unha árbore a miña esperanza.
11 Acendeu a súa ira contra mine tenme por seu inimigo.
12 Xúntanse as súas bandas para atacar:
contra min enlousan a calzada,poñen o campo arredor da miña tenda.
13 Foxen de min os meus irmáns,os meus parentes trátanme coma alleo;
14 boto en falta veciños e coñecidos,esquézome dos que estaban ó meu cargo;
15 trátanme de forasteiro as miñas servas:
óllanme cal se fose un estranxeiro.
16 Chamo ó meu escravo e non respondeteño que lle rogar eu mesmo;
17 dálle noxo o meu alento á miña muller,fédolles ós meus irmáns;
18 mesmo os picariños me refugane dan volta cando tenciono erguerme.
19 ¡Os da tertulia abóuxanme,os benqueridos rexéitanme!
20 Apégaseme a pel do corpo ós ósos,caen os meus dentes das xenxivas.
21 ¡Piedade, piedade, meus amigos,que a man de Deus me feriu!
22 ¿Por que me perseguides coma Deuse non vos dades fartos na miña carne?
23 ¡Se algún día se escribisen as miñas palabras!
¡Oxalá fixesen delas unha inscrición!
24 ¡Que con cicel e chumbose labrasen para sempre nun penedo!
25 Con todo, eu sei: o meu Liberador está vivoe ó remate hase erguer sobre a terra;
26 despois de ter esgazada a miña pel,aínda sen carnes hei ver a Deus.
27 Eu mesmo o hei ver;hano ve-los meus ollos, non os doutro.
¡Esmoréceme o corazón nas entrañas!
28 E se teimades: ¿Como o perseguiremosou como poderiamos collerlle as voltas?
29 ¡Tende medo da espada!
Pois estes son delitos dignos dela;e para que o saibades: ¡hai un xuíz!”