Xob 23:1-17
23 Respondeu Xob:
2 —“Tamén hoxe é rebelde a miña queixapois a súa man fai pesado o meu xemido.
3 ¡Oxalá soubese eu como o encontrar!
Habíame achegar ata o seu trono,
4 para expo-la miña causa diante dellevando a boca chea de argumentos;
5 coñecería con que razóns responde,sabería o que me ten que dicir.
6 ¿Levaría El adiante o preito pola forza?
¡Non!, que me había de ter en conta.
7 Pois daquela sería un home honrado quen contende con El,gañaría eu de certo a causa para sempre.
8 Mais se torno para o leste, non o atopo;vólvome para o poñente, e non o albisco;
9 procúroo no norte, e non o vexo,vólvome cara ó sur e non o descubro.
10 Mais, dado que El coñece o camiño do meu lar,que me veña probar e hei saír coma o ouro:
11 Mantívose o meu pé na súa pegada,gardei o seu vieiro sen torcerme,
12 non me afastei da orde dos seus labios,no meu seo escondín a súa palabra.
13 Pero se El xa decidiu, ¿quen é capaz de o cambiar?
El fai todo canto lle agrada:
14 vai levar a cabo o que me decretou;deste xeito obra sempre.
15 Así fico eu diante del, estarrecido,e cando o penso, cóllolle medo.
16 Tal Deus amoléceme o ánimotúrbame o Omnipotente.
17 Pero non hei calar diante da escuridade,por máis que estea só e que me encubran as tebras.