Xob 37:1-24
37 Por iso o meu corazón tremee sáltame fóra do sitio.
2 ¡Oíde o son da súa voz tonante,o balbordo que sae da súa boca!
3 Dispara o raio por embaixo do ceoe chega o lóstrego ata os confíns da terra;
4 tras del vén o bruar do tronoretumbando coa alteza da súa voz;non se contén o lóstregocando se empeza a oí-la treboada.
5 Amósanos Deus as súas marabillas,fai prodixios que nós non comprendemos.
6 Dille á neve: ¡Cae no chan!
ó orballo e á chuvia: ¡Sede fortes!
7 Encerra os homes todos coma nun curro,para que a humanidade coñeza os seus feitos.
8 As feras foxen para os seus recunchos,atóbanse nos seus cubís;
9 sae a galerna da súa alcobae a xeada dos seus piornos;
10 co sopro divino fórmase o xeloe calla todo ó longo das augas;
11 Tamén é El quen lles dá humidade ás nubese fai xurdi-lo raio dos nubeiros,
12 que se moven arredore van e veñen segundo os goberne,cumprindo tódolos seus mandatossobre a face do orbe:
13 sexa para castigar coa vara,sexa para favorecer, eles sempre dan no fito.
14 ¡Escoita todo isto, Xob,ponte en pé e pescuda as marabillas de Deus!
15 ¿Entendes ti como dispón Deus deles todose como fai brilla-los lóstregos no neboeiro?
16 ¿Que sabes ti do cimbrarse das nubes,marabilla dunha ciencia insondable?
17 Ti, a quen xa queima o vestido,cando a terra adormece baixo o vento do sur.
18 ¿Tendiches ti con El a cúpula celeste,impenetrable coma un espello fundido?
19 ¡Aconséllanos ti o que lle teñamos que dicir!
Non atopamos razóns na nosa ignorancia.
20 ¿Coidas que o informarán, se eu lle quero falar;que llo comunican cando un home di algo?
21 ¡Se xa agora non hai quen mire o solcando resplandece no ceoó pasa-lo vento e varrelo!
22 ¡Do norte vén un resplandor dourado,a tremenda maxestade arredor de Deus!
23 Nós non alcanzamos ó Omnipotente,que é sublime en poder e dereitoe non destrúe a súa Orde grandiosa!
24 Por iso tremen ante El tódolos humanose non ten en conta ós que se cren sabios”.