Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Preparados para o congreso rexional?

Preparados para o congreso rexional?

Como sempre, e especialmente durante o congreso rexional, a nosa conduta debe estar presidida polo amor a Xehová e ó próximo (Mt. 22:37-39). A Biblia explica así como actúa o amor: “O amor é de corazón grande e servicial. [...] Non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza [...]. O amor non pasa endexamais” (1 Cor. 13:4-8). Mentres ves o vídeo Preparados para o congreso rexional?, pensa en xeitos de mostrar amor ó próximo no congreso.

COMO DEMOSTRAMOS AMOR...

  • ó reservar asentos?

  • cando a sesión musical está a piques de comezar?

  • no lugar onde nos aloxamos?

  • ofrecéndonos como voluntarios para axudar?