Ir ó contido

Ir ó índice

Como presentar...

Como presentar...

¡DESPERTAD!

Pregunta. O cine e a televisión ofrecen moitos contidos relacionados con seres sobrenaturais como as meigas, os bruxos ou os vampiros. Pensa vostede que é diversión inofensiva ou que pode ser perigosa?

Publicación. Este número da revista ¡Despertad! analiza por que moita xente se sente atraída polo sobrenatural e os perigos que esconde.

ENSINEMOS COA BIBLIA

Pregunta. Como resolverá o Reino de Deus os problemas do mundo?

Texto. Mt. 6:10

Ensinanza. O Reino de Deus traerá paz, estabilidade e benestar á terra, como xa fixo no ceo.

QUE É O REINO DE DEUS? (T-36) (segunda visita)

Pregunta. [Destaca a pregunta da última páxina da folliña.] Como será a vida cando o Reino de Deus goberne a terra?

Texto. Sal. 37:29; Is. 65:21-23

Publicación. [Mostra o folleto Boas noticias!.] A lección 7 deste folleto explica o que poderían significar estas promesas para vostede e para min [Comeza un curso da Biblia co folleto.]

DESEÑA A TÚA PRESENTACIÓN

Deseña a túa propia presentación seguindo a estrutura dos exemplos anteriores.