A NOSA VIDA CRISTIÁ
Sabes usar ben as ferramentas básicas de ensino?
Facer discípulos é coma construír unha casa. Para facelo ben, debemos aprender a usar ben as ferramentas. A Palabra de Deus é a ferramenta máis importante, e a que mellor debemos saber usar (2 Tim. 2:15). Pero tamén debemos saber usar ben as demais ferramentas básicas de ensino, como os vídeos e outras publicacións. Teñamos en mente que o obxectivo é facer discípulos. *
Como podes usar mellor as ferramentas básicas de ensino? 1) Pídelle ó responsable do teu grupo de predicación que te axude. 2) Predica cun pioneiro ou cun predicador experimentado. 3) Practica, practica e practica. Canto mellor aprendamos a usar estes vídeos e publicacións, máis desfrutaremos da obra de construción espiritual na que traballamos.
REVISTAS
FOLLETOS
LIBROS
FOLLIÑAS
VÍDEOS
INVITACIÓNS
TARXETAS DE CONTACTO
^ par.3 Algunhas publicacións que non forman parte das ferramentas básicas de ensino están pensadas para un público específico. Podemos usalas cando sexa axeitado.