A NOSA VIDA CRISTIÁ
Para facer discípulos, debemos predicar e ensinar
Xesús mandoulles ós seus seguidores que fosen facer discípulos seus (Mt. 28:19). Para conseguilo, debemos predicar e ensinar. De vez en cando, debemos preguntarnos: “Como podo mellorar nestes dous aspectos fundamentais da obra de facer discípulos?”.
A PREDICACIÓN
No canto de esperar que a xente veña a nós, debemos tomar a iniciativa en buscar os merecedores (Mt. 10:11). Cando estamos predicando, estamos atentos ás oportunidades e falamos con tódolos que pasan preto de nós? (Feit. 17:17). Lidia fíxose seguidora de Xesús grazas á concienciuda predicación de Paulo (Feit. 16:13-15).
DESPOIS DE VER O VÍDEO SIGAMOS A PREDICAR SEN DESCANSO. DE CASA EN CASA E INFORMALMENTE, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Como demostrou Samuel que sempre estaba a buscar oportunidades para plantar a semente da verdade?
-
Por que debemos esforzarnos por participar en tódalas modalidades da predicación?
-
Con quen podo eu falar da mensaxe do Reino durante as miñas actividades diarias?
A ENSINANZA
Para facer discípulos, non abonda con deixarlles publicacións ás persoas. Como queremos que cheguen a ser amigos de Xehová, debemos visitalas unha e outra vez e impartir cursos da Biblia (1 Cor. 3:6-9). E se por moito que nos esforcemos por ensinarlle a alguén as verdades bíblicas non obtemos grandes resultados? (Mt. 13:19-22). Inda así, nós seguimos buscando as persoas que teñen un corazón semellante á “boa terra” (Mt. 13:23; Feit. 13:48).
DESPOIS DE VER O VÍDEO SIGAMOS A PREDICAR SEN DESCANSO. NA PREDICACIÓN PÚBLICA E Ó FACER DISCÍPULOS, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que fixeron Solomon e Mary para regar a semente da verdade nos corazóns de Ezekiel e Abigail?
-
Cal debe ser o noso obxectivo cando participamos nas distintas modalidades do ministerio, mesmo na predicación pública?
-
Ás veces, que teremos que facer para que o noso obxectivo siga sendo ensinar as verdades bíblicas a outros?