Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Preparémonos para a Conmemoración

Preparémonos para a Conmemoración

Dende este ano, teremos máis tempo para prepararnos para a Conmemoración da morte de Cristo. Se a Conmemoración coincide entre semana, non haberá reunión Vida e Actividades. Se cadra en fin de semana, non haberá Conferencia Pública nin Estudo de La Atalaya. Por que non aproveitar este tempo extra? Do mesmo xeito que no século primeiro, fanse moitos preparativos para esta ocasión especial (Lc. 22:7-13; km-S 3/15 páx. 1). E nós, como podemos prepararnos para tirar o máximo proveito desta ocasión?

  • Pensa en por que é importante asistir (1 Cor. 11:23-26)

  • Ora e párate a pensar na túa amizade con Xehová (1 Cor. 11:27-29; 2 Cor. 13:5)

  • Busca información bíblica que explique o significado da Conmemoración e reflexiona nela (Xn. 3:16; 15:13)

Hai quen le e reflexiona na lectura para a Conmemoración que aparece no Examinando las Escrituras diariamente. Outros len as pasaxes do cadro que aparece neste artigo. E outros estudan artigos de La Atalaya que falan sobre a Conmemoración e o amor que Xehová e Xesús nos demostraron. Calquera destes proxectos de investigación axudarache a achegarte máis a Xehová e a Xesús.