Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 32-33

Estamos a esforzarnos para que Xehová nos bendiga?

Estamos a esforzarnos para que Xehová nos bendiga?

32:25-29 (32:24-28, NM)

Se queremos que Xehová nos bendiga, temos que esforzarnos para que servilo sexa o máis importante na nosa vida (1 Cor. 9:26, 27). Debemos facelo coa mesma actitude que tivo Xacob cando loitou co anxo. Como damos proba de que queremos que Xehová nos bendiga?

  • Ó prepararnos ben para as reunións.

  • Ó predicar de xeito regular.

  • Ó facer todo o que poidamos por axudar a outros.

Sen importar os problemas polos que esteamos a pasar, pidámoslle constantemente a Xehová a súa axuda e sigámonos a esforzar por obter a súa bendición.

PENSA NISTO. En que ámbitos podo esforzarme máis para que Xehová me bendiga?