Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Que é o máis importante para nós?

Que é o máis importante para nós?

A bendición de Xehová era tan importante para Xacob que loitou cun anxo por ela (Xén. 32:25-32 [32:24-31, NM]; Os. 12:4, 5 [12:3, 4, NM]). E nós? Estamos dispostos a esforzarnos ó máximo por obedecer a Xehová e obter a súa bendición? Por exemplo, se temos que escoller entre ir á reunión e facer horas extra, que faremos? Se lle damos a Xehová o mellor do noso tempo, enerxías e bens, el promete librar sobre nós a súa bendición ata que nada quede na súa man (Mal. 3:10). Sen dúbida ha guiarnos, protexernos e darnos todo o que precisemos (Mt. 6:33; Heb. 13:5).

DESPOIS DE VER O VÍDEO NON PERDAMOS DE VISTA O MÁIS IMPORTANTE, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que puxo a proba á irmá algo que lle gustaba moito?

  • De que xeito pode converterse o traballo nunha proba?

  • Malia que xa era un cristián maduro, por que precisaba Timoteo seguir poñéndose obxectivos? (1 Tim. 4:16)

  • Que é o máis importante na túa vida?

    Como podemos demostrar cal é o noso traballo máis importante?