Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Retirade os deuses alleos”

“Retirade os deuses alleos”

Malia que aínda non había unha lei contra a idolatría, Xacob sabía que Xehová merece que se lle adore só a El (Éx. 20:3-5). Así que despois de que Deus lle dixo que volvese a Betel, Xacob mandoulles a tódolos seus que se desfixesen dos ídolos. Entón enterrounos todos, mesmo os pendentes, que se cadra se usaban como amuletos (Xén. 35:1-4). Sen dúbida, Xehová sentiuse moi ledo co que fixo Xacob.

E na actualidade, como podemos adorar só a Xehová? Algo moi importante é evitar todo o que teña que ver coa idolatría. Tamén debemos evitar o ocultismo, o que inclúe desfacernos de calquera obxecto vencellado a el e ter coidado cos tipos de ocio que escollemos. Por exemplo, é bo que nos preguntemos: “Gústanme os libros ou as películas que falan de vampiros, zombis ou de sucesos paranormais? Divírtome con cousas que presentan a maxia e os meigallos como algo inofensivo?”. É importante que nos afastemos de todo o que Xehová aborrece (Sal. 97:10).

DESPOIS DE VER O VÍDEO “FACÉDELLE FRONTE A SATÁN”, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que problema tiña Palesa, unha muller que estudaba a Biblia?

  • Se nós ou os nosos achegados temos problemas co ocultismo, por que deberiamos pedirlles axuda ós anciáns?

  • Facédelle fronte a Satán e achegádevos a Deus (Sant. 4:7, 8)

    Se queremos que Xehová nos protexa, de que temos que desfacernos?

  • Que decisión importante tomou Palesa?

  • Na zona na que vives, de que xeitos podes evitar a influencia dos demos?