Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sexamos mellores mestres. Axudemos ós estudantes a avanzar cara á dedicación e o bautismo

Sexamos mellores mestres. Axudemos ós estudantes a avanzar cara á dedicación e o bautismo

POR QUE É IMPORTANTE. Se desexan a aprobación de Xehová, os estudantes da Biblia deben dedicar as súas vidas a el e bautizarse (1 Pe. 3:21). Ó vivir de acordo coa súa dedicación, obterán protección espiritual (Sal. 91:1, 2). Os cristiáns dedicámonos a Xehová, non a unha persoa, a unha causa ou a unha organización. Polo tanto, é imprescindible que os estudantes cultiven gratitude e amor por Xehová (Rm. 14:7, 8).

COMO AXUDALOS

  • Durante as sesións do curso, comentade o que a información ensina acerca de Xehová. Recalca a importancia de ler a Biblia a diario e de orarlle a Deus constantemente (1 Tes. 5:17; Sant. 4:8).

  • Anima o estudante a poñerse a meta de dedicarse e bautizarse, e tamén a ir poñéndose pequenas metas como comentar nas reunións ou predicar ós veciños e compañeiros. E nunca esquezas que Xehová non obriga a ninguén. A dedicación é unha decisión persoal (Dt. 30:19, 20).

  • Intenta motivalo para que faga os cambios necesarios e, deste xeito, reúna os requisitos para se bautizar (Pr. 27:11). Como é probable que teña algúns hábitos moi arraigados, vai necesitar a túa axuda para ir desfacéndose da personalidade vella e vestirse coa personalidade nova (Ef. 4:22-24). Por que non lle recomendas algúns artigos da serie “La Biblia les cambió la vida” da revista La Atalaya?

  • Por que non lle contas o feliz que te fai servir a Xehová? (Is. 48:17, 18).