A NOSA VIDA CRISTIÁ
Xesús tamén morreu polos nosos irmáns
Xesús entregou a súa vida a favor de persoas imperfectas (Rm. 5:8). Seguro que lle agradecemos que realizase semellante acto de amor por nós. Porén, ás veces precisamos recordar que tamén morreu polos nosos irmáns. Como podemos seguir o exemplo de Xesús? Hai tres xeitos de demostrar amor polos nosos irmáns, imperfectos igual ca nós. Primeiro, ampliemos o noso círculo de amizades incluíndo irmáns con diferentes antecedentes ós nosos (Rm. 15:7; 1 Pe. 2:17). Segundo, teñamos coidado de dicir ou facer cousas que poidan ofender os demais (Rm. 14:13-15). Terceiro, se alguén nos ofende, perdoémolo decontado (Lc. 17:3, 4; 23:34). Se nos esforzamos por seguir o exemplo de Xesús destes xeitos, Xehová seguirá a bendicir a congregación con paz e unidade.
DESPOIS DE VER O VÍDEO VEXAMOS O MELLOR DOS DEMAIS, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Ó principio que pensaba Miki da nova congregación?
-
Por que cambiou de opinión?
-
Como lle axudou o exemplo de Xesús a corrixir o seu punto de vista? (Mc. 14:38)
-
Como pode axudarnos Proverbios 19:11 a ver o mellor dos nosos irmáns?