A NOSA VIDA CRISTIÁ
Acuérdense de la esposa de Lot
A Biblia non explica por que a muller de Lot mirou cara atrás mentres fuxía de Sodoma (Xén. 19:17, 26). Polo contexto no que Xesús falou dela, parece que botaba en falta o que deixara atrás (Lc. 17:31, 32). A muller de Lot perdeu o favor de Deus. Como podemos evitar que nos pase o mesmo? Nunca permitamos que a busca dunha boa posición económica se converta na nosa prioridade (Mt. 6:33). Xesús dixo que non podemos “servir a Deus e mailo diñeiro” (Mt. 6:24). Que podemos facer se nos decatamos de que estamos relegando as actividades cristiás a un segundo plano? Pidámoslle a Xehová que nos axude a ver con claridade que cambios debemos facer, maila forza e coraxe que precisamos para facelos.
BASEÁNDOTE NA PELÍCULA ACUÉRDENSE DE LA ESPOSA DE LOT RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Como influíron na forma de pensar, falar e actuar de Gloria as presións que recibiu para facer máis cartos?
-
Por que a muller de Lot é un exemplo do que non debemos facer?
-
Como axudaron os principios bíblicos a Joe e á súa familia?
-
Que efecto tiveron os compañeiros de traballo de Anna na súa amizade con Xehová?
-
Por que precisamos coraxe se recibimos presións para que fagamos dos cartos unha prioridade na nosa vida?
-
Que fixeron Brian e Gloria para que as actividades cristiás volvesen ser a máxima prioridade?
-
Que principios bíblicos dirías que se destacan neste vídeo?