Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Mozos, dádelle o mellor a Xehová

Mozos, dádelle o mellor a Xehová

Na carta que lle escribiu a Tito, Paulo díxolle que tanto el coma os demais mozos debían ser exemplo de boa conduta (Tit. 2:6, 7). Tamén lle falou de que Xesús purificaría “para si un pobo escolleito, afervoado, dedicado ás boas obras” (Tit. 2:14). Unha destas boas obras consiste en pregoar e ensinar sobre o Reino de Deus. Se es novo, podes empregar as túas forzas e enerxías para ser pioneiro ou pioneiro temporal? (Pr. 20:29).

Se queres ser pioneiro, precisas organizarte ben (Lc. 14:28-30). Pensa, por exemplo, en como poderás cubrir os teus gastos, ou en que vas facer para chegar ás horas. Pídelle a Xehová que te axude (Sal. 37:5). Ademais, fala cos teus pais ou con algún pioneiro de experiencia. E logo, ponte mans á obra! Podes estar seguro de que Xehová recompensará os teus esforzos por darlle o mellor.

DESPOIS DE VER O VÍDEO MOZOS QUE LLE DAN O MELLOR A XEHOVÁ, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que retos e problemas tiveron que superar algúns irmáns para seren pioneiros, e como o fixeron?

  • De que xeitos poden os pais axudar ós fillos para que sexan pioneiros?

  • Por que é importante facer un horario de predicación?

  • De que xeitos poden os irmáns da congregación darlles azos ós pioneiros e axudalos?

  • Que recompensas reciben os pioneiros?

Que podo facer para ser pioneiro?