A NOSA VIDA CRISTIÁ
Xuntémonos cos que queren a Xehová
As persoas coas que pasamos o tempo inflúen en nós, para ben ou para mal. Por iso, é importante que nos xuntemos cos que queren a Xehová (Pr. 13:20). Por exemplo, o rei Ioax “fixo o que o Señor aproba” namentres estivo co sacerdote Iehoiadá (2 Cró. 24:2). Pero cando Iehoiadá morreu, Ioax xuntouse con persoas que o afastaron de Xehová (2 Cró. 24:17-19).
No primeiro século, o apóstolo Paulo comparou a congregación cristiá a unha “casa grande”, e os irmáns a “vaixelas”. Cada un de nós pode ser un “utensilio honorable”, sempre e cando evitemos ter moita relación coas persoas que non fan o que Xehová espera de nós, mesmo se son da nosa familia ou da congregación (2 Tim. 2:20, 21). Porén, os nosos amigos deben ser aqueles que queiran a Xehová e que nos dean azos para achegármonos a el.
DESPOIS DE VER O VÍDEO ESCOLLAMOS BEN AS COMPAÑÍAS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
De que xeitos poderiamos, sen nos decatar, ter malas compañías?
-
Que lles axudou ós tres irmáns do vídeo a romper a relación coas malas compañías?
-
Que principios da Biblia che axudan á hora de escoller ben as compañías?