ISAÍAS 6-10
TESOUROS DA BIBLIA |As profecías que se cumpriron no Mesías
Séculos antes de que Xesús nacese, Isaías profetizou que o Mesías predicaría “a rexión do Xordán, a bisbarra dos xentís”. Xesús cumpriu esta profecía ó percorrer a rexión de Galilea predicando e ensinado as boas novas (Is. 8:23; 9:1 [9:1, 2, NM]).
-
Realiza o seu primeiro milagre en Caná (Xn. 2:1-11)
-
Escolle os seus apóstolos preto de Cafarnaúm (Mc. 3:13, 14)
-
Dá o Sermón do Monte preto de Cafarnaúm (Mt. 5:1–7:27)
-
Resucita o único fillo dunha viúva en Naín (Lc. 7:11-17)
-
Despois de resucitar, aparécese a uns cincocentos discípulos en Galilea (1 Cor. 15:6)