Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

As ensinanzas de Xehová derruban os prexuízos

As ensinanzas de Xehová derruban os prexuízos

Xehová é imparcial (Feit. 10:34, 35). Acepta as persoas de “tódalas nacións, tribos, pobos e linguas” (Ap. 7:9). Así que dentro da congregación cristiá non hai lugar para o prexuízo ou o favoritismo (Sant. 2:1-4). Grazas ás ensinanzas de Xehová, desfrutamos dun paraíso espiritual no que podemos ver os cambios que moitas persoas fixeron na súa personalidade (Is. 11:6-9). Demostramos que imitamos a Xehová cando nos esforzamos por desarraigar calquera rastro de prexuízo do noso corazón (Ef. 5:1, 2).

DESPOIS DE VER O VÍDEO JOHNY E GIDEON: DE INIMIGOS A IRMÁNS, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS

  • Por que, a diferenza dos esforzos humanos, as ensinanzas de Xehová conseguen eliminar a discriminación e o prexuízo?

  • Que é o que máis te impresiona da nosa irmandade internacional?

  • Como glorificamos a Xehová os cristiáns cando nos mantemos unidos?