ISAÍAS 11-16
TESOUROS DA BIBLIA |O país estará cheo de coñecemento do Señor
11:6-9
Como se cumpriu esta profecía no pobo israelita
-
Nin na viaxe de volta dende o exilio en Babilonia, nin na súa terra había razón para temer os animais salvaxes ou as persoas que se comportan coma tales (Esd. 8:21, 22).
Como se cumpre esta profecía nos nosos días
-
Coñecer a Xehová cámbianos. Persoas que antes eran violentas, agora son pacíficas. Grazas a este coñecemento desfrutamos dun paraíso espiritual internacional.
Como se cumprirá esta profecía no futuro
-
A terra transformarase nun paraíso no que desfrutaremos de paz e seguridade, tal e como Xehová se propuxera. Non haberá perigos para as persoas ou os animais.
Coñecer a Xehová cambiou a Paulo
-
Cando era un fariseo chamado Saulo, mostraba comportamentos propios dos animais salvaxes (1 Tim. 1:13).
-
O coñecemento exacto transformou a súa personalidade (Col. 3:8-10).